CRTVG

Buscar

O dono da atracción de Sarria na que quedaron feridos varios menores cre que o accidente foi por un fallo mecánico

Publicado o 24/06/2019 12:25

E continúa a investigación do accidente nunha atracción nas festas de Sarria na que resultaban feridos sete menores. Tan só dous foron derivados ao hospital por precaución, o resto atendéronos nun centro de saúde. O dono da barraca cre que se debeu a un fallo mecánico polo desprazamento dun dos mecanismos, que provocou que a atracción frease de xeito brusco. Di que ten toda a documentación en regra e que pasou todas as inspeccións técnicas. A atracción segue precintanda pola Policía á espera de que se aclaren as causas do accidente.
 

Noticias web

24/06/2019