CRTVG

Buscar

O domingo reabre a Capela da Corticela da Catedral de Santiago

Publicado o 14/05/2021 20:59

"A Corticela e unha especie de nai a cal lle sae unha filla que a fixo máis grande, máis fermosa e con máis capacidade que é o noso conxunto catedralicio" Así define Salvador Domato, o Párroco da Corticela a súa parroquia.


Cando a Catedral de Santiago comezouse a construir aló polo Século XI a Corticela xa estaba alí como unha pequena igrexa prérrománica. Aínda a día de hoxe que é considerada capela dentro do conxunto monumental segue a ser unha parroquia independiente.


Salvador Domato asegura que foi o primeiro recinto que se fixo a raiz do descubrimento das reliquias do Apostol Santiago e que se fixo esta pequena capela ao lado do resto 


A capela máis visitada da Catedral é un lugar de recollimento e devoción por parte sobre todo dos santiagueses. Dende os estudantes que deixan as súas peticións ao Cristo no horto dos olivos as visitas máis festivas ou as máis íntimas.

Para o párroco trátase dun "lugar onde a xente se atopa moi agusto, as veces veño e sempre encontro xente foras das horas de culto, a xente ven pensar nas suas cousas, e conmovedor" Trala limpeza dos muros e a renovación do mobiliario e as cubertas externa e interna, o domingo abrirá de novo as súas portas aos feligreses de todo o mundo.

 

Noticias web

14/05/2021