CRTVG

Buscar

O domingo lambedoiro abre o ciclo de celebracións do Entroido ribeirao, en Chantada

Publicado o 17/02/2019 23:18

Volantes e maragatos atravesan as hortas da pequena aldea de Santiago de Arriba para asegurar unha boa colleita. Non están sós, canda eles estiveron outros persoeiros típicos do Entroido galego.

O son das chocas anuncia a chegada inmediata do volante. É o persoeiro principal do Entroido ribeirao, xunto co maragato. A tradición di que ten que atravesar os campos para asegurar unha boa colleita.

Trátase dun dos entroidos máis antigos de Galicia. De orixe incerta, inspírase nos recadadores de impostos e faise para burlarse dos poderosos. Igual de curiosa é a orixe doutros entroidos galegos, que tamén toman parte nesta celebración.

Festa e tradición que enchen de cor e son esta aldea no primeiro domingo de Entroido, coñecido por lambedoiro porque nel toman forzas para continuar durante dúas semanas máis.

Noticias web

17/02/2019