CRTVG

Buscar

A Revista

O domingo, homenaxe a M. Barreiros Cabanelas, conde de Covelo, na súa vila natal Laxedo, concello da Lama

Publicado o 06/10/2017 13:13

A aldea de Laxedo, pertencente á parroquia de San Sebastián de Covelo, no pontevedrés concello da Lama, rende homenaxe este domingo ao seu insigne benfeitor, Manuel Barreiro Cabanelas. Cando se cumpren 150 anos do seu nacemento, os veciños da súa vila natal queren recordar a súa historia e manter vivo o seu espírito. Mecenas das artes, o urbanismo e a cultura, o chamado 'conde de Covelo', nunca esqueceu Laxedo e as súas xentes.














Fillo de labrega e canteiro foron moitas as eivas que encontrou o pequeno Manuel para acudir á escola cando era neno.
Cunhas poucas moedas de ouro que o seu pai gañara traballando nas liñas ferroviarias de Portugal, á morte deste, Manuel emigra ao Brasil.
Alí fará fortuna.
Avezado empresario, tanto triunfou no mundo da moda como no inmobiliario, e tamén se atreveu co xogo do becho, unha singular lotaría daquelas terras, coa que incrementou cuantiosamente os seus bens.





Celoso da súa privacidade, pouco dado a ostentación, enigmático, amante das tradicions e da musica do país... Así o definen naquela época.
Nunca casou pero tivo unha comentada relación con Conchita de Sevilla, unha artista andaluza que coñeceu no Brasil, coa que frecuentaba Laxedo.

A súa enorme fortuna e sonada xenerosidade merecéronlle o nomeamento de Conde de Covelo, pero nunca recolleu ou fixo oficial ese título nobiliario.
Barreiro Cabanelas deseñou para a súa vila natal un novo ensanche no que a vida moderna e a arquitectura tradicional convivisen en harmonía.


FICHA VTR SON
NOME: Felisa
INICIO: el dicia que os mozos que viñeran casar aqui
PÉ: regalaballes unha casa ...regalou moitas
DESDE: 20'42"
ATA: 20'52"
Duración:0'10"
Financiou rúas, estradas e a súa máis importante obra, 'As Colonias', un conxunto de dous edificios dedicados á educación infantil gratuíta e un terceiro no que se impartían clases de formación profesional aos mozos e mozas de maior idade.


Disque cando marchou definitivamente ao Brasil por mor da Guerra Civil deixou cartos abondo para que o seu proxecto de futuro non se freara.
Mesmo por se tiña que volver financiou ambos os bandos implicados na Guerra, para estar a ben co gañador do conflito.
Con todo, o regreso nunca se produciu.


Ocupouse da reforma do hospital de Pontevedra, axudou nas obras de beneficencia da igrexa... mesmo interveu na Guerra de Cuba, onde fora o seu irmán, financiando barcos e víveres. No Brasil o seu carácter filantrópico levouno a crear un asilo que aínda hoxe segue en funcionamento. Unha residencia para xentes foráneas e sen recursos que concebiu como unha casa de hóspedes moderna e con todos os adiantos.




Agora os descendentes daquelas familias ás que o Conde de Covelo lles deu casa e educación reivindican a súa figura e lamentan o abandono das instalacións que tanta vida lle deron á vila.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

06/10/2017