Unha manifestación contra a violencia percorrerá este domingo as rúas da Coruña
Publicado o 09/07/2021 14:41
A Coruña segue pedindo xustiza para Samuel. O domingo haberá unha manifestación convocada por asociacións LGTBIQ+.
Partirá contra as sete e media da tarde da Praza da Palloza cara á Praza de María Pita. A manifestación terá como lema "Ante o odio e a violencia, non amoses indiferenza".
Segundo informa a organización, está convidado todo aquel que queira participar en protesta e negación de calquera actitude violenta.
O móbil homófobo é un dos que se investiga como detonante da malleira que un grupo de persoas lle deu a Samuel Luiz na madrugada do sábado.
Será a segunda que se realiza esta semana, tras as multitudinarias concentracións do luns pasado en toda España.