O DOG publica o terceiro plan de rescate
Publicado o 11/06/2021 13:31

A partir de mañá poden presentarse as solicitudes para acollerse ao terceiro plan de rescate que este venres se publica no DOG.
A Xunta pon a disposición de autónomos e pequenas e medianas empresas 234 millóns de euros. A administración autonómica lamenta que a liña de axudas non se complemente con máis fondos estatais.
O sector da hostalería afirma que Galicia recibe de Madrid a metade do que correspondería e critíca a letra pequena que deixará moitos empresarios fóra.