CRTVG

Buscar

O documental 'O retorno', de Jorge Candán, abre a Semana de Cine Submarino de Vigo

Publicado o 13/11/2019 19:53

O 20 de novembro arranca a Semana de Cine Submarino de Vigo, e faino co documental O retorno, de Jorge Candán. Unha viaxe a un futuro en que os humanos non poden habitar nun planeta ermo e contaminado que conta cun ecosistema de enorme beleza nas profundidades.

A programación inclúe, entre outras xoias da natureza, dous capítulos en exclusiva da serie Mar, a última fronteira, coas marabillas da costa portuguesa e os arquipélagos dos Azores e da Madeira.

Tamén será a oportunidade de ver Salvemos o noso Mediterráneo, o primeiro documental de National Geographic producido en España.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019