CRTVG

Buscar

O dobre scull de Caetano Horta métese nas semifinais

Publicado o 25/07/2021 08:59
O dobre scull de Caetano Horta métese nas semifinais

O dobre scull español co noiés Caetano Horta e o catalán Manel Balastegui meteuse nas semifinais ao quedar no segundo posto da repesca. O bote de Horta só foi superado por Polonia nunha loita moi pechada (6:43 dos polacos por 6:45 dos españois) e logrou unha das tres prazas que daban acceso á penúltima rolda. 

Na semifinal (mércores, 4:30 hora galega) enfrontaranse diante de dous dos favoritos a medalla, Italia e Irlanda, e tentarán pelexar con Bélxica, Ucraína e a India para lograr unha das tres prazas que dan acceso á final.