CRTVG

Buscar

O dobre medallista olímpico Alberto Juantorera, de visita na Coruña

Publicado o 12/06/2019 17:25

E está de visita por Galicia un mito do atletismo, Alberto Juantorena. Visita estes días A Coruña. Dobre medallista olímpico en Montreal 1976. Nos catrocentos e oitocentos metros. Unha lenda.

Un mito pasea por Galicia. Ao cabo dos seus sesenta e oito anos, pero dereito como unha vara sobre a súa rexa figura de un noventa, Alberto Juantorena segue espertando admiración polo que foi e por como entende o deporte.

Juantorena segue sendo o único capaz de gañar dunha tacada ouro olímpico nunha mesma olimpiada en dúas probas potencialmente incompatibles. Foi en Montreal en 1976. O atleta santiaguero sorprendeu ao mundo gañando o ouro nos oitocentos e nos catrocentos metros planos. Ninguén repetíu a fazaña, pero o cubano, na súa grandeza, non se sente irrepetible.

Con responsabilidades no réxime cubano e na Asociación Internacional de Atletismo, IAAF, Juantorena segue a ser un firme defensor da Cuba castrista á que responsabiliza do seu éxito.

Historia viva do deporte, poderán escoitar a entrevista completa con Alberto Juantorena na programación deportiva de fin de semana na G2.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019