CRTVG

Buscar

O director dun instituto de Santiago emprega o rap e as redes sociais para achegar as normas ao alumnado

Publicado o 04/03/2021 14:44

Ás veces resulta complicado que os alumnos entendan as normas e máis na situación de constantes cambios en que nos atopamos. Pero o director do IES Antonio Fraguas encontrou un xeito moi particular de facerllas comprender. 

Carlos Encisa xa leva un tempo empregando as redes sociais para conectar co alumnado e viu na moda do rap unha oportunidade para que a mensaxe chegue aos rapaces dun xeito máis dinámico e parece que os estudantes estano a recibir de forma moi positiva. 

Agora o que queda é comprobar se a mensaxe chegou verdadeiramente aos alumnos e o vídeo acaban coas aglomeracións ás portas do instituto. 

Noticias web

04/03/2021