CRTVG

Buscar

O director de 'Vivir o mar' da TVG recolle o Premio Fundación Expomar de Burela

Publicado o 12/05/2019 22:58

A Fundación Expomar premiou hoxe a traxectoria dun programa desta casa, Vivir o mar. Unha distinción que recoñece máis de 20 anos dedicados a informar dun sector fundamental da nosa economía como é a pesca e todo o sector marítimo.

Na xornada de clausura, en Burela, recolleu a distinción o noso compañeiro Anxo Rodríguez, director do programa. Agradeceulle a todo o sector do mar a súa colaboración para axudar a divulgar o que fan día a día. Recordou tamén a todos os compañeiros que traballaron en Vivir o mar desde os seus inicios.

"Que o programa siga a disposición do sector, que para iso se fai, e estamos honradísimos. Como dicía don Alfredo Di Stéfano: 'Non estou moi afeito aos premios pero se me dan un premio, pílloo'. Pois nós tamén, moitas grazas e á disposición de Expomar coma sempre".

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/05/2019