CRTVG

Buscar

O FBI confirma a investigación sobre a conexión da campaña de Trump e Rusia

Publicado o 20/03/2017 21:05

James Comey tamén asegurou que a axencia non ten información que apoie as acusacións do presidente dos Estados Unidos contra Barack Obama

Donald Trump non pensa retirar as acusacións contra o ex-presidente Obama. Mantén que ordenou espialo na campaña electoral. Todo malia que o director do FBI, James Comey, asegurara no Congreso que non hai probas que as apoien. "Investígámolo coidadosamente e non atopamos nada que o fundamente". Trump tamén foi desmentido polo xefe da Axencia de Seguridade Nacional, que negou que Obama puidese empregar para esa espionaxe espías británicos. 

Doutra banda, o director do FBI confirmou por primeira vez que investigan posibles vínculos ou colaboración entre o equipo de campaña de Trump e Rusia para favorecer a vitoria do magnate nas eleccións e os posibles delitos cometidos. 

A Casa Branca mantén que non hai probas de que existira ese presunto complot. Trump pediulle ao Congreso e o FBI que deixen a un lado as novas falsas e se dediquen a investigar a filtración de información clasificada.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017