O director de PSA Vigo advirte de que derrogar a reforma laboral pon en risco o emprego
Publicado o 25/03/2019 19:17
O director de PSA Vigo alerta sobre derrogar a reforma laboral. Di que pode poñer en risco empregos e asegura que as expectativas para o ano que vén son boas, pero se hai estabilidade económica.
Balance positivo o do ano pasado, coa creación de 1.500 novos empregos e a facturación de 15 millóns de euros. Os datos puxéronse de manifesto na asemblea xeral do clúster do sector.
Á clausura asistiu o presidente da Xunta, que dixo que seguirán apoiando a industria do automóbil porque, apunta, fiar a marcha da economía ao sector servizos é un suicidio.