CRTVG

Buscar

O director da DXT, a favor da peaxe nas autovías: "Quen o usa, págao"

Publicado o 05/05/2021 20:05

O director da DXT defendeu o pagamento polo uso das autovías que prepara o Goberno. Na súa comparencia no Senado, Pere Navarro foi contudente ao afirmar que "quen o usa, págao" e apuntou que en todos os países europeos son os usuarios os que pagan a conservación das vías de alta capacidade.

"Non podemos. Non se vai en tren de balde. Hai infraestruturas polas que hai que pagar. Non podemos cargar aos presupostos do Estado a conservación e o mantemento de autoestradas e autovías e facer que unha pobre avoa que cobra unha pensíon e non ten nin coche estea pagando a conservación e mantemento das estradas de alta capacidade. É de seu: quen o usa, págao", di Pere Navarro, director da DXT.