CRTVG

Buscar

O diésel subirá case catro céntimos ao retirarlle o Goberno a súa bonificación

Publicado o 11/01/2019 22:11

O Goberno sobe o imposto sobre o diésel, que aumentará o seu prezo en case 4 céntimos por litro. É outra das medidas contempladas no proxecto de presupostos que enviará ao Congreso.  Non se trata dun imposto directo senón de suprimir a bonificación da que desfrutaba o diésel ata agora. Se se aproban os presupostos, isto suporía, segundo a ministra de Facenda, un incremento de 3,8 centimos por litro no prezo do gasóleo. A un consumidor que realice 15.000 km ao ano suporalles uns 36 euros anuais. A medida non afectará o gasóleo profesional, xa que quedan fora os transportistas e os profesionais agrarios.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019