CRTVG

Buscar

O dicionario da Academia Galega rexistrou case 26 millóns de consultas en 2019

Publicado o 06/02/2020 10:38
O dicionario da Academia Galega rexistrou case 26 millóns de consultas en 2019

O Dicionario da Real Academia Galega (RAG) rexistrou unha media de 70.000 procuras diarias en 2019, un 18,3 % máis ca un ano antes, co cal, chegou a rozar os 26 millóns de consultas.

A RAG informa este xoves nun comunicado dos resultados das consultas ao dicionario en 2019, en que se buscaron sobre todo os termos , mais, botar, présa, fóra, parotidite, porén ou asemade".

O Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega incorporou o ano pasado un total de 201 novos lemas, entre outros, algúns relacionados co mundo do deporte, como estaxe ou  paralimpíada; coa igualdade, como feminización, visibilizar, sororidade ou nesgo; cos negocios, como franquiar ou márketing; coas artes, como pano de boca ou ópera bufa"; coa tecnoloxía da información, como libro electrónico, memoria tobo ou podcast, e outros como apósito adhesivo, cotiandade, composteiro ou meme.