CRTVG

Buscar

O diagnóstico tardío dificulta a curación do cancro de ovario

Publicado o 22/05/2019 14:37

O cancro de ovario non é dos máis frecuentes na muller, pero si dos que máis mortalidade causa, porque preto do 75 % dos casos son diagnosticados en fases avanzadas, ante a falta de síntomas específicos e recoñecibles.

Juan Cueva, oncólogo médico do CHUS: "Malestar abdominal, estrenximento, diarrea alternando, son síntomas inespecíficos e o diagnóstico adoita facerse tarde, pero en caso de que o diagnóstico se fixera pronto a curabilidade é próxima ao 95 ou 96 por cento".

Non existe un método de cribado fiable ata o de agora, polo que as recomendacións para previr este cancro limítanse a levar unha vida sa e realizar as revisións xinecolóxicas rutineiras. Pero hai unha excepción: no 15% dos casos a causa é xenética.

"Unha cirurxía profiláctica, se lles quitan os ovarios a partir de certa idade en mulleres sas pero con risco xenético".

Cando se produce o diagnóstico, a cirurxía é fundamental, e na maioría dos casos precísase quimioterapia posterior, que na actualidade se combina con fármacos antianxioxénicos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019