CRTVG

Buscar

O Día Mudial da Asistencia Humanitaria homenaxea este ano o traballo da muller nos países en conflito.

Publicado o 18/08/2019 17:21

Expoñen a súa vida para dar axuda a quen o máis o necesita. Nos últimos anos o número de traballadores humanitarios falecidos aumentou. Só en 2017 morreron 139, vítimas de guerras e conflitos en distintos países. O Día Mundial da Asitencia Humanitaria é unha data fixada pola ONU para honrar o seu traballo.
"É necesario para facer visible xa non só o traballo que facemos alí senón a situación á que lle prestamos asistencia. Facer visible a situación desa poboación", di Ruth Conde, enfermeira e membro de MSF. 
Este 19 de agosto o recoñecemento céntrase no traballo das mulleres que, coma Ruth, levan axuda humanitarias a zonas en conflito. "Sempre que te decides a traballar, a dedicar parte da túa vida profesional á asistencia humanitaria sabes que hai un certo grao de risco, aínda que as organizacións como no meu caso Médicos Sen Fronteiras toman medidas en canto á seguridade, sempre existe ese risco. A diferenza é que nós eliximos quedar, asumir ese risco como noso", afirma Ruth Conde, enfermeira e membro de MSF. 

É, pois, o día dos heroes anónimos e unha data para tomar consciencia do que pasa ao noso arredor.

Noticias web

18/08/2019