CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Día Europeo das Linguas celebrouse en Santiago cun concerto multilingüe de Rosa Cedrón e Emilio Rúa

Publicado o 26/09/2017 15:28

Ducias de actos espallados por toda Galicia festexan hoxe, 26 de setembro, o Día Europeo das Linguas. Unha xornada en que se evidencia a riqueza lingüística do vello continente. A Unión Europea recoñece 24 linguas oficiais e 60 rexionais ou minoritarias. En toda a Unión fálanse máis de 100 linguas procedentes doutros continentes, usadas a diario por inmigrantes. A riqueza lingüística europea é enorme e preservala, unha obriga. Foi así como xurdiu o Día Europeo das Linguas, no ano 2001. Ademais de poñer en valor esta riqueza lingüística, tamén se busca promover a aprendizaxe de linguas para incrementar o plurilingüismo.

As principais cidades europeas teñen programados distintos actos para esta festa das linguas. En Galicia o acto central celebrouse en Santiago, na Escola Oficial de Idiomas. Un concerto multilingüe a cargo de Rosa Cedrón e Emilio Rúa. O Día Europeo das Linguas invítanos a reflexionar sobre a importancia de preservar a nosa lingua e coñecer a dos nosos veciños, para promover o multilingüismo e a conciencia intercultural.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí