CRTVG

Buscar

O Día do Orgullo sinala a igualdade como camiño

Publicado o 28/06/2021 21:31

O Día do Orgullo conmemora o ocorrido aquel 28 de xuño de 1969 nun pub de Nova York, o Stonewall Inn. A policía fixo alí unha redada, e como resposta xurdiron espontáneas revoltas e manifestacións. Protestaban contra un sistema que perseguía os homosexuais.

Agora, a bandeira multicolor loce nas sedes de moitas institucóns, e tamén nas casas, comercios, bibliotecas, bares, parques e monumentos por toda Galicia. A idea é clara: promover a tolerancia.

Na rúa o que atopamos é unha sociedade cada vez máis aberta e voces que cren que o Día do Orgullo é unha celebración necesaria porque queda aínda moito camiño que percorrer para conseguir a igualdade.

Noticias web

28/06/2021