CRTVG

Buscar

O Día do Orgullo conmemora os 50 anos dos enfrontamentos orixe da xornada de reivindicación

Publicado o 28/06/2019 14:57
O Día do Orgullo conmemora os 50 anos dos enfrontamentos orixe da xornada de reivindicación

Entidades, activistas e políticos defensores dos derechos LGTBI conmemoran o 50 aniversario dos enfrontamentos no bar gay Stonewall de Nueva York entre clientes e a policía, que supuxeron un punto de inflexión na loita polos dereitos deste colectivo.

En España, na data previa a esta xornada, a Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais pediu aos partidos políticos que non utilicen os seus dereitos "como moeda de cambio para conseguir poder".

A Federación advertiu nun comunicado que "abrir a porta a revisar lexislacións aprobadas xa implica dar pasos atrás".

A manifestación central con moivo do Día do Orgullo vaise realizar en Madrid o próximo día 6 de xullo, onde anunciaron que contarán cunha segunda pancarta co lema "nin un paso arás" para "evidenciar que non se vai permitir ningún tipo de retroceso en materia de dereitos e liberdades".

En Galicia durante toda a fin de semana desenvólvense actos en moitas localiades. Varios concellos locen nos seus balcóns as bandeiras coas cores do arco da vella. Na praza do Obradoiro esta mañá o concello realizou un acto institucional. Na Coruña, os colectivos LGTBI convocaron para esta tarde unha manifestación que partirá da praza do Obelisco, co lema 'Maiores sen armarios. Historia, loita e memoria! Por una Lei LGTBI'.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí