CRTVG

Buscar

Bos días

O día de Galicia tamén se celebra na Arxentina

Publicado o 25/07/2017 09:42





O Día de Galicia vívese tamén con forza fora das nosas fronteiras.
En Bos Aires o 25 de xullo é por lei o día da galeguidade e onte os galegos que alí residen non quixeron deixar de celebrar o día grande da nosa comunidade nas rúas da cidade.


O Obelisco de Bos Aires, un dos emblemas da cidade, e máis galego ca nunca.
Ducias de galegos e descendentes encheron esta Plaza da República na que me atopo para, puntuais, nada máis comezaren os fogos do Apóstolo que seguían atentos pola Televisión de Galicia, entonaren o himno galego.

Unha auténtica lexión de gaiteiros, percusionistas e bailaríns deixáronlles claro ós porteños que o 25 de xullo é o día grande dos galegos.

CORTE 1: María Gerpe Pazos - Galega residente na Arxentina
"É unha honra vir a cantar aquí, nun lugar coma este, o himno galego".

CORTE 2: Facundo Javier Patiño - Participante do Obeliscazo de Bos Aires
"Arxentino e galego á vez, e dixen, por qué non vir a escoitar un pouco de gaita ó lado do Obelisco".
CORTE 3: Alberto Oscar Quiroga - Participando do Obeliscazo de Bos Aires
"Xuntarnos para cantar o himno e por este día que é para todos os galegos un día tan especial".


Ó longo do mes A Arxentina festexou Galicia con banquetes, xuntanzas, ou como o Centro Galego de Bos Aires que fixo entrega das súas medallas de honra ós socios máis antigos.

Esta ampla programación, que nace da colaboración entre agrupacións, foi declarada ademais de "interese cultural" pola Lexislatura da Cidade de Bos Aires.

CORTE 4: Emilio Raposo Varela - Deputado impulsor da declaración
"É un xeito de manter vivas os costumes e o espíritu galego valorizando o mes da galeguidade".

Pero este recoñecemento ten un precedente no 2005.



"Para sempre, por lei, instaurouse o 25 de xullo de cada ano como o día da galeguidade na cidade autónoma de Bos Aires".

Un apoio institucional que evidencia o forte sentimento de galeguidade que inunda a quinta provincia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

25/07/2017