CRTVG

Buscar

O día de Fátima, sen fieis, en Portugal

Publicado o 13/05/2020 16:13

É a vixilia da Virxe de Fátima da pasada noite. Histórica porque estivo pechada ao público. O Goberno deulle a posibilidade ao bispo de poder acoller algúns fieis, pero preferiu ser precavido.

"Non quería ser recordado na historia como o responsable por un agravamento da pandemia".

Hoxe día grande da Virxe, a imaxe no santuario é moi diferente á doutros anos.

A pesar da prohibición de achegarse ao recinto houbo quen veu igualmente e permitíuselles por seren poucos, segundo nos contararon os axentes que están de garda. De lonxe, acompañaban os rezos mentres unha presa de relixiosos puideron estar no interior.

Nunha vila como Fátima, que vive do santuario, esperan que todo volva á normalidade pronto, aínda que agora sexa difícil ver onde está o final.

Noticias web

13/05/2020