CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

O Día das Letras Galegas de 2018 homenaxeará a María Victoria Moreno Márquez

Publicado o 17/06/2017 15:04
O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado a escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez. A súa era a única candidatura feminina entre as cinco que optaban a este recoñecemento.

A decisión adoptouse no pleno ordinario da Real Academia Galega, celebrado esta mañá na Coruña. María Victoria Moreno chegou a Galicia no ano 1963 con vinte e dous anos para exercer como mestra e asumiu axiña a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas letras tanto na narrativa, especialmente na infantil e xuvenil, como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas. Dirixiu a colección "Árbore" da editorial Galaxia e participou activamente na vida cultura e política de Pontevedra, onde faleceu en 2005.
María Victoria Moreno é a cuarta muller homenaxeada co día das letras en 55 anos de historia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí