O Día das Artes Galegas honra a Luís Seoane, un anovador alén do mar
Publicado o 01/04/2019 22:08
A Academia Galega das Artes celebra nestes momentos no Teatro Colón da Coruña o Día Das Artes. Este ano está dedicado ao pintor Luís Seoane, creador polifacético que quixo dignificar a cultura galega e transmitir a súa vontade ás novas xeracións.
Debuxante, pintor, deseñador, poeta, editor, pensador, axitador cultural..., a actividade de Seoane traspasa xéneros e disciplinas, representa o mellor exemplo do artista contemporáneo. En 1979 morre na súa casa da Coruña, onde tiña previsto establecerse fronte á súa admirada Torre de Hércules.