CRTVG

Buscar

O Día da Hostalería recoñece unha profesión chea de sacrificios

Publicado o 08/10/2019 20:57

Non paran en todo o día. Pero mesmo co bar a tope teñen que facer números para pagar as facturas a fin de mes. A hostalería é unha profesión de grandes sacrificios e con moitos gastos. 

Nacor Amorim, copropietario dun bar en Santiago: "Gastamos coa iluminación, co aire acondicionado, coa luz que é moi cara, coa televisión que é moi cara tamén, e ademais cos autónomos, pago a empregados... Non é moi doado".

Jorge é dono deste bar. Está na súa hora de comida e descanso. Pero en realidade aproveita o tempo para acabar de recoller e poñer todo a punto para a hora da cea. Traballa máis horas cós seus empregados e hai meses, asegura, que cobra menos ca eles. 

Jorge Silva, propietario dun bar en Santiago: "Nós hai meses que non cobramos. O persoal ten que cobrar, e os provedores. Ou non cobras ou cobras menos porque nós facemos de xestores, camareiros, cociñeiros. Facemos de todo e non cobramos o que temos que cobrar. O persoal non ten culpa das nosas iniciativas. E iso cantas horas son de traballo cada día? Todas. Incluso cando vas para a cama estás pensando o que tes que facer ao día seguinte".

A reixa péchase e o traballo segue. Porque nos nosos bares e restaurantes todos os días son día de faena.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019