CRTVG

Buscar

O DHU Vila de Sarria consolídase como o mellor Urbano de España

Publicado o 02/08/2017 17:35

Sarria acolleu a sexta edición do descenso urbano Vila de Sarria, unha proba na que participaron un centenar de riders da talla de Toni Ferreiro e Eva Castro.

A carreira, que está consolidada no calendario de DH galego, atrae a  riders de diversos lugares de España e Portugal. Corredores do palmarés de Toni Ferreiro (Vigo), tricampión de España de Descenso e  dobre campión nacional de Enduro, e Eva Castro (Oleiros) 10 veces  campioa de España de 4x, medalla de bronce en europeo 4x, 3 copas do  mundo 4x, entre outras. A gran afluencia de público animou aos riders toda a fin de semana.

Os ciclistas máis rápidos foron en primeira posición Marco Veiga,  segundo posto Toni Ferreiro e terceiro Esteban Paz.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/08/2017