CRTVG

Buscar

O Deutsche Bank, o banco máis grande de Alemaña, eliminará 18.000 empregos

Publicado o 08/07/2019 08:27
O Deutsche Bank, o banco máis grande de Alemaña, eliminará 18.000 empregos

O Deutsche Bank, o banco máis grande de Alemaña, eliminará 18.000 postos de traballo dentro dunha reestruturación radical na que reducirá ao mínimo a banca de investimento.
O proceso deberá estar rematado a finais de 2022 e calcúlase que terá un custo de 7.400 millóns de euros, o que fará que a entidade rexistre unhas perdas de 2.800 millóns no segundo semestre do ano.
Despois desta reestruturación, o Deutsche Bank terá preto de 74.000 empregados en todo o mundo.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/07/2019