CRTVG

Buscar

O detido por un asalto a un banco na Coruña agride un policía no cuartel de Lonzas

Publicado o 13/02/2019 14:23

Na Coruña, a historia do presunto atracador de bancos detido nas últimas horas segue a dar que falar.

Ao parecer, intentou fuxir do cuartel de Lonzas, onde permanecía retido á espera de pasar a disposición xudicial. Segundo fontes próximas á investigación, atacou un dos axentes. Intentou asfixialo cunha manta e fuxiu do calabozo. Chegou ata o vestiario dos axentes e alí cambiou de roupa para tentar marchar sen levantar sospeitas, pero só chegou ata o garaxe, onde finalmente foi detido por outros axentes.

Sobre este home pesan, polo menos, trinta antecedentes por roubos violentos, en distintos puntos de España.

Noticias web

13/02/2019