CRTVG

Buscar

O detido por matar a coiteladas a súa noiva en Laredo declara no xulgado

Publicado o 04/01/2019 15:18

Tomás Maestre Ramírez, de 29 anos e nacionalidade ecuatoriana, chegou pola noite á vivenda, chamou ao timbre do 4º esquerda e as moradoras negáronse a abrir a porta. Pero o presunto homicida non se deu por vencido. Insistiu dando golpes e chamando ao timbre ata que lle abriron. Nese momento comezou e puñadas contra a vítima e despois acoitelouna en 20 ocasións.

Confírmase que tanto a vítima coma o agresor foron parella durante un ano e medio e estaban en proceso de ruptura.

A falecida vivía con dúas amigas que tentaron evitar o ataque, pero ao verse ameazadas polo asasino pecháronse nun dos cuartos da vivenda e chamaron por teléfono aos servizos de urxencia. Cando chegaron os axentes, Tomás xa abandonara o lugar. Arredor dunha hora despois, o presunto homicida presentouse na Policía Local. Nun primeiro momento confesou a morte. De momento non se sabe se durante a declaración ante a Garda Civil mantivo a súa versión. Aparentou estar acougado e tranquilo. Tanto que no tempo que tardou en chegar do calabozo da Policía Local a Garda Civil quedou durmido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/01/2019