CRTVG

Buscar

O detido por dispararlle á súa ex-muller en Vilagarcía pasa a disposición xudicial

Publicado o 10/11/2017 13:51

Pasou a disposición xudicial o home que onte lle pegou un tiro á súa ex-parella, cando ela intentaba entrar na súa vivenda en Galáns, en Vilagarcía. E neste caso as versións cadran. Porque a muller, á que xa lle tomaron declaración, confirmou que efecivamente lle intentara entrar na casa. Permanece na UCI do hospital Montecelo onde evoluciona favorablemente e podería ser trasladada a planta nas próximas horas. O detido enfróntase inicialmente a un delito de lesións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2017