CRTVG

Buscar

O detido polo crime do bar Novo en Ourense segue á espera de pasar a disposición xudicial

Publicado o 26/05/2020 14:39

Sorpresa entre os veciños do barrio ourensán do 21 que presenciaron a detención do presunto homicida do xerente do bar Novo. Tras meses de investigacións e seguimento, a policía localizouno nesta rúa a onde se acababa de mudar.

O corpo de Evaristo Morín, de 65 anos, apareceu o pasado 5 de febrerio detrás da barra do bar Novo que rexentaba desde había anos na zona vella de Ourense. Cando o atoparon tiña un corte profundo no pescozo. Tras os rexistros na casa do investigado seguen en marcha as dilixencias da policía.

O detido segue nos calabozos na comisaría da Policía Nacional en Ourense. Segundo fontes policiais, non está previsto que declare ante o xuíz que instrúe o caso ata mañá ou o xoves. O caso está baixo segredo de sumario.

Noticias web

26/05/2020