CRTVG

Buscar

O detido pola morte da muller de Moaña pasa este mércores a disposición xudicial

Publicado o 06/07/2021 13:34

Os veciños non terminan de crer o que lle pasou a Cándida Soage, unha muller queridísima por todos. "Era moi boa amiga, unha muller moi faladeira, que se levaba ben con todo o mundo, non me explico; a verdade é que estamos todos abraiados", conta unha muller.

Os veciños do lugar de Vilela consideran pedir ás autoridades que aumenten a seguridade na parroquia de Tirán, unha zona decotío tranquila, pero agora teñen medo.

O detido en relación coa morte de Cándida é un home de sesenta anos que vive a menos de trescentos metros da vítima. É coñecido por delitos menores na parroquia e previsiblemente mañá pasará a disposición xudicial no Xulgado número 1 de Cangas para prestar declaración.

Noticias web

06/07/2021