CRTVG

Buscar

O despezador de Valdemoro confesa que a matou porque se riu do seu acento

Publicado o 22/10/2019 10:18

Nunha vivenda da localidade madrileña de Valdemoro é onde tivo lugar o crime. O acusado, un home de 27 anos de nacionalidade colombiana, vivía nel como ocupante ilegal. Tras ser detido, confesou. Matouna, dixo, por rirse do seu acento.

O carniceiro tatuador, que así se autodenominaba nas redes sociais, asfixiou, supostamente, a vítima, unha moza española de 18 anos. Despois despezou o corpo e tirou unha parte nun colector do lixo. Foi nese momento cando o detiveron os axentes da Garda Civil. Ao entrar na vivenda descubriron outros restos do cadáver na cociña. Tamén atoparon carteis de Hannibal Lecter, catanas, coitelos e obxectos para facer ritos satánicos.

A parella do acusado, unha moza tamén de nacionalidade colombiana e de 21 anos, foi quen denunciou os feitos ante a Garda Civil. Presentouse no cuartel con fotos do crime, e dixo que el a obrigou a axudarlle a despezar a vítima.

Á espera de xuízo, o detido xa está en prisión provisinal, comunicada e sen fianza. A súa moza tamén foi trasladada á cadea, por un presunto delito de encubrimento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019