CRTVG

Buscar

O deseñador galego Jorge Vázquez presenta a súa primeira colección para Pertegaz

Publicado o 30/01/2020 21:44

O modisto galego Javier Vázquez presentou na Madrid Fashion Week a súa primeira colección como director creativo da marca Pertegaz. É unha homenaxe ao deseñador turolense, un dos grandes de todos os tempos. Sobre a pasarela, 43 estilismos nos que Vázquez recupera e actualiza algunhas das creacións de Pertegaz. O deseñador de Betanzos compatibilizou a elaboración desta colección coa da súa propia marca que presentará en febreiro.

Noticias web

30/01/2020