CRTVG

Buscar

O deseñador Adolfo Domínguez presenta a súa novela 'Juan Griego' en Santiago

Publicado o 10/04/2019 21:50

Hai uns minutos, Adolfo Domínguez presentaba en Santiago Juan Griego. É un libro ao que o deseñador e empresario ourensán dedicou boa parte dos últimos 35 anos. Nesta 700 páxinas de novela ensaística en verso viaxa á esencia das persoas e sociedades, dende a América dos oitenta.

Adolfo Domínguez, escritor, deseñador e empresario: "A Arxentina foi a cuarta ou quinta potencia en todo o mundo nos anos 1949, 1950... 30 anos máis tarde estaba no posto 150. Como se pode chegar a iso? Este libro intenta entender e dar respostas, económicas, sociais etc... dende este exemplo literaturizado, a estas e outras preguntas que nos facemos todos os seres humanos, individual e colectivamente. É un libro complexo pero de doada lectura, un libro, digamos que para a inmensa minoría... Ao presentalo en Galicia eu digo que aínda que digan que un non é profeta na súa terra, eu non teño esa sensación... Sempre viaxo, pero, a Galicia, sempre para volver".








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2019