CRTVG

Buscar

O desemprego é o que máis preocupa en Europa, pero especialmente en España

Publicado o 06/03/2019 16:26

As cousas aínda poden ir a peor no mercado laboral. É o que pensa un 49% de españois, fronte ao 48% que cre que o impacto da crise no emprego xa tocou fondo. Segundo o último Eurobarómetro, o desemprego é o que máis preocupa en Europa, pero especialmente en España.

É a principal precupación para case unha cuarta parte de europeos e máis da metade dos españois.
A situación económica ocupa o segundo lugar, tamén preocupa máis en España, un 25%, ca no resto de Europa, un 15, o mesmo que as pensións. Neste caso en España a preocupación aumenta ata superar o 20%. As pensións e a inmigración escalan posicións entre as preocupacións dos españois.

E no lado positivo, un 88% de españois satisfeitos co tipo de vida que levan. Son cinco puntos máis que o ano anterior. E tamén superando a media europea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/03/2019