CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

'O Descoñecido' estréase no Festival de Venecia

Publicado o 02/09/2015 21:47

O filme dirixido por Dani de la Torre está participado pola Televisión de Galicia

Chegou o momento da verdade para 'O descoñecido' no Festival de Venecia coa estrea mundial deste filme que esta tarde luciu as súas mellores galas na mostra.

A imaxe da xornada no Festival de Venecia para o filme O descoñecido é esta. O paseo do seu director, Dani de la Torre, e da súa actriz, Goya Toledo na alfombra vermella. Antes, houbo que pasar por un par de posados para abrir a sección na que o filme compite ao premio a mellor director de opera prima.

Unha opinión que podería ir na mesma liña do sucedido hoxe tralo pase en Venecia: cheo na sala, xente que quedou fora e aplauso xeral do público asistente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

02/09/2015