CRTVG

Buscar

O desaloxo de máis de 3.000 persoas nun macrobotellón en Barcelona remata con cinco hospitalizados

Publicado o 30/08/2021 14:55

Desaloxan máis de 3.000 persoas que participaban nun macrobotellón no barrio barcelonés de Sants, que celebraba esta fin de semana a súa festa maior.

Varias persoas quedaron feridas ao enfrontarse aos axentes sobre os que guindaron botellas e outros obxectos.Cinco dos feridos tiveron que ser trasladados a hospitais.

Os membros da comisión de festas denunciaron tamén o saqueo de refrescos e bebidas alcólicas almacenados nun local da organización.

Noticias web

30/08/2021