O derbi vigués, o partido clave da Segunda B
Derbi vigués no día da Reconquista. O partido clave da segunda B ten un marco especial aínda que os filiais celestes, que dependen de si mesmos para conservar a praza de ascenso, prefiren rebaixar presión e trascendencia.
Sergio Carreira, RC Celta B: "Non nos saca o sono. Pero se estamos aqui agora é porque somos capaces de gañar este partido tamén"
O Celta B é o mellor visitante e o Coruxo o mellor local e séntese forte no campo do Vao. Os puntos lévanse á seguinte fase, na que van pelexar pola permanencia. Así ve Jonathan Vila, un exceltico agora no Coruxo, este último partido.
Jonathan Vila, Coruxo CF: "É o último partido e é especial. Non importa o que sucedese no pasado, apenas inflúe.."
Michel Alonso, adestrador do Coruxo: "Teremos diante a mellor ou unha das mellores plantllas do subfrupo"
Sergio Carreira representa a xuventude, a calidade e a ambición do Celta B... o último dunha saga de laterais disposto a ser a remuda de Hugo Mallo.
Sergio Carreira:"Hugo Mallo é boa competencia, é o capitán do Celta pero hai que pelexar"
A pelexa desta fin de semana será no Vao, a onde van mirar de esguello desde outros campos.