O derbi O Parrulo-Burela, este sábado na G2
Publicado o 22/11/2019 17:21
Primeiro derbi galego oficial da temporada. Primeiro, na máxima categoría. Seis puntos separan os dous equipos. 11 ten O Parrulo, que olla cara aos postos de Copa, 5 o Burela, pechacancelas que aspira saír do pozo. Pero os derbis non saben de clasificación.
Un derbi galego cun marcado acento da terra: 16 xogadores, os 2 adestradores e a Televisión de Galicia en directo.