O deputado de En Marea Manuel Lago rexeita a proposta de Villares de ser senador por designación autonómica
Publicado o 13/06/2019 09:11
O deputado de En Marea Manuel Lago rexeita a proposta de Villares de ser senador por designación autonómica.
O líder de En Marea entendía que Manuel Lago podía ser o candidato de consenso entre os seus afíns e os críticos.
O rexeitamento provocou que esta tarde se iniciase unha votación telemática para elexir entre Mariló Candedo, nome proposto polo Consello das Mareas, e José Manuel Sande, candidato do sector crítico. O que ainda está por ver é se nesa votación, que remata ás doce da noite, participarán os afíns a Villares e se darán o resultado como válido.