CRTVG

Buscar

O deputado Davide Rodríguez deixa de militar en Anova

Publicado o 11/12/2019 12:17

Davide Rodríguez, un dos deputados de En Marea que marchou ao Grupo Mixto con Villares, deixa de militar en Anova.

Rodríguez discrepa coa liña que segue a dirección do partido fundado por Beiras e a súa relación con forzas estatais. Marcha antes da asemblea en que Anova decidará como se vai presentar ás próximas eleccións autonómicas.

Canda Antón Sánchez, este deputado ourensán era un dos referentes de Anova no Parlamento.

Noticias web

11/12/2019