CRTVG

Buscar

O Deportivo xuvenil vence o Madrid e xa está na final da Copa de Campións (Domingo, 12:00, G2)

Publicado o 25/06/2021 10:24

O seu rival será o Barcelona tras superar o Málaga (1-0)

E no Deportivo xa poden presumir de canteira, porque o equipo xuvenil xogará este domingo a final da Copa de Campións. Final que veremos o domingo na G2. E todo, tras derrotar en semifinais o Real Madrid.

Enfronte estará o Barcelona, que onte venceu pola mínima ao Málaga cun gol de Álex Rico de penalti.

O único gol do partido chegou xusto antes do descanso, no minuto 44. Saque dende o recuncho, cabecea Mario e recolle Fito no segundo pau para enviar ao fondo da rede. O gol do central valeu o pase á final, que será o domingo ás 12 do mediodía fronte ao Barcelona. Podería ser o segundo título da Copa de Campións dos canteiráns do Deportivo.

Tanto o míster, Óscar Gilsanz, como os propios rapaces poñen en valor a fazaña que acadaron.

 

Noticias web

25/06/2021