CRTVG

Buscar

O Deportivo tivo que repetir os tests da covid-19 por un falso positivo

Publicado o 08/01/2021 21:22

O domingo retoma a Liga no campo do Zamora

Un falso positivo no Deportivo e a realización de novas PCR alteraron o horario do adestramento deste venres. O club anunciara que tiña un xogador coa COVID antes do partido de Copa contra o Alavés e nos seguintes test apareceu outro caso, que na repetición das probas deu negativo. Este mediodía Fernando Vazquez non estaba tranquilo.

Vázquez: "Retrasamos o adestramento. Apareceu outro positivo e por iso repetimos as PCR"

Posteriomente o Deportivo explicou nun comunicado que ese segundo positivo non era tal. e que o único afectado do equipo segue en illamento. Ademais os dous xogadores que pasaron a infección nas últimas semanas, Adri Castro e Gandoy xa están de volta.

Vázquez: "Están un pouco fatigados"

O Deportivo retoma a liga en Zamora, no campo que recibiu o martes ó Vilarreal na copa e que pode verse afectado polo temporal desta fin de semana. Non se prevé neve o domingo pero sí na véspera coincidindo coa viaxe por estrada dos deportivistas..
Vázquez: "Estou preocupado pola viaxe"
En Zamora o Deportivo engade tres baixas mais: Beauvue, Eneko Boveda e Hector e ten reto de asumir outra vez o papel de favorito, que cedera ante o Alavés. Coa confianza gañada o Deportivo quere a primeira vitoria do ano que ademais coincide co final da primeira volta.

Noticias web

08/01/2021