CRTVG

Buscar

O Deportivo sofre ata o 96 para levar o primeiro triunfo

Publicado o 18/10/2020 21:37

Cunha vitoria comezou o Deportivo a súa particular travesía polo deserto da Segunda B. Tres minutos tardaron os coruñeses en dispoñer da súa primeira oportunidade nunha cabezada de Beauvue que marchou rozando o poste.

Pero segundo avanzaban os minutos, a presión coruñesa foi decaendo. Pouco a pouco, o Salamanca íase sentido máis a gusto no partido. Ernest foi o primeiro en achegarse á meta coruñesa. E no corner posterior, Kristian Alvarez rematou fóra.

A segunda metade comezou do mellor xeito para o Deportivo. Unha acción en que a pelota paseou da banda esquerda á banda dereita acaba nun centro de Salva Ruiz e cun remate espectacular de Beauvue que facía o un a cero.

Reaccionou de inmediato o Salamanca, metendo no campo a Mora, que nada máis entrar fixo lucirse a Carlos Abad. E no córner posterior, Candelas aproveita o rexeite do meta deportivista para facer o un a un.

Tentouno o Deportivo por dístintas vías e de tódolos xeitos, pero o gol da vitoria non chegou ata o último minuto do tempo engadido, cando Bóveda sumado ao ataque conecta unha cabezada que lle daba o primeiro triunfo da temporada. Triunfo sufrido, pero se dicía nunha famosa serie, a fama e a vitoria custan.

Noticias web

18/10/2020