CRTVG

Buscar

O Deportivo só gañou un partido nos últimos 22 como visitante

Publicado o 13/10/2017 09:30

No Deportivo, o equipo amósase preocupado polos malos resultados obtidos fóra da casa. Só logrou unha vitoria nos últimos 22 partidos como visitante. Foi a campaña pasada, 0-1 en Xixón, o 5 de marzo, nada máis chegar Pepe Mel. A única dos 19 encontros que o Deportivo xogou lonxe de Riazor. Empatou 7 e perdeu 11. Esta temporada os coruñeses aínda non coñecen a vitoria a domicilio. Para Guilherme, isto é inaceptable.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/10/2017