CRTVG

Buscar

O Deportivo será o patrocinador do Liceo

Publicado o 17/12/2018 17:16

O Liceo pasa a denominarse Deportivo Liceo e vestirá de azul e branco. As dúas entidades manteñen a súa independencia xurídica. Acordo de patrocinio por parte do Deportivo. Será ata 2023. O tempo de vixencia das dúas directivas que esta mañá celebraban esta experiencia de fusión relativa. O mellor palmarés de Galicia.

Desde o vindeiro 1 de xaneiro, e por espazo de catro anos, as dúas entidades con mellor palmarés do deporte galego camiñarán xuntas. O Deportivo pon toda a súa infraestrutura a disposición dun Liceo que atravesa dificultades económicas.

Amais dunha inxeccción económica, o novo Deportivo Liceo accederá a todos os servizos do club de fútbol. Un balón de osíxeno para o de hóckey.

No transcurso do acto, Tino Fernández non desbotou a posibilidade de chegar a acordos similares con outras entidades deportivas nun futuro.




 

Noticias web

17/12/2018