O Deportivo saca un comunicado onde amosa o seu apoio incondicional a Bergantiños
Publicado o 05/08/2020 22:05
Esta tarde o Deportivo sacou un comunicado para manifestar publicamente o apoio incondicional ao seu capitán, Álex Bergantiños, e para amosar incredulidade ante unha interpretación sacada de contexto.
Ademais, no comunicado salientan a indignación do club coa Liga de Fútbol, que utiliza todo o que ten a man como cortina de fume para desviar a atención dos seus actos neglixentes. Acaban dicindo: "O farol da Liga saíulles mal". Considera o Dépor que a Liga realmente non quere que se xogue o partido e para iso levará por diante a quen sexa, mesmo a reputación dun home honesto como Álex Bergantiños.