CRTVG

Buscar

O Deportivo recupera as raias verticais

Publicado o 13/01/2020 21:50

A camisola do Dépor de raias horizontais podería ter os días contados. Nos vindeiros dous partidos contra Rácing e Cádiz, ambos os dous en Riazor, o Dépor volverá vestir a camisola de sempre, a de raias verticais.

Será un novo modelo que aínda non saíu á luz, pero está confirmado que será de raias verticais. O máis probable é que despois teña que volver ás raias horizontais porque só está permitido un cambio temporal de camiseta. A nova directiva quere debutar co deseño de sempre.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2020